Este domingo, 19 de xullo, Barreiros acollerá a duodécima edición da carreira popular 1/2 km Vertical Monte Comado, un evento deportivo singular que xa conta con máis de 150 persoas inscritas para esta edición.
Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no proceso de execución da Sentenza anulatoria das licenzas de segregación do ano 2002, o Concello de Barreiros quere aclarar a cronoloxía dos feitos e a capacidade de actuación desta Administración Local no proceso.
A programación cultural A Voltas cos Contos regresa un ano máis para encher de historias, risas e momentos de xuntanza e diversión espazos das parroquias do interior do Concello de Barreiros.
- Durante os meses de xullo e agosto Barreiros ofrecerá visitas guiadas para coñecer o seu patrimonio, natureza e identidade locais.
- Cun total de 6 propostas distribuidas en diferentes datas e localizacións os participantes poderán descubrir a riqueza e singularidade do territorio.
O Concello de Barreiros pon en marcha unha nova edición do seu programa de visitas guiadas “Barreiros queda en ti” durante os meses de xullo e agosto na que xa é a súa sexta edición amosando a diversidade cultural, natural así como a historia e identidade do territorio.
O sábado 27 de xuño inaugúrase no centro sociocultural de San Cosme a exposición "Miradas. Mulleres na arte", un proxecto de Elsa Martínez Vázquez que pon en valor o traballo e o talento das mulleres artistas que quedaron invisibilizadas ao longo da historia.