Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

+CONCILIA MARZO 2024

Fecha de publicación: 
Martes, 5 Marzo, 2024 - 09:31

O CONCELLO DE BARREIROS FACILITA A CONCILIACIÓN FAMILIAR COA CREACIÓN DUN NOVO PROGRAMA PARA ESTA SEMANA SANTA

A concellería de igualdade do Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa de axuda á conciliación en época de vacacións escolares financiado a través da subvención de igualdade da Xunta de Galicia na liña de conciliación.

Así, preséntase o programa +CONCILIA MARZO que favorece a conciliación familiar para esta Semana Santa con actividades para os días 25, 26, 27 de marzo e 1 de abril de 2024 en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Esta actividade está destinada a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020 e será totalmente GRATUÍTA para as familias.

Desenvolverase no CEIP de San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal.

As inscricións formalizaranse nas oficinas do Concello desde o 6 ata o 13 de marzo (ambos inclusive) en horario de 9:30 h. a 14:00 h.

 


 

BASES REGULADORAS +CONCILIA MARZO

PROGRAMA +CONCILIA BARREIROS

Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación.

As presentes bases teñen por obxecto regular o proceso de selección para a participación nas actividades de conciliación das vacacións de Semana Santa, favorecendo a conciliación familiar na época de períodos non lectivos.

 

Artigo 2. Persoas destinatarias.

As actividades están dirixida a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2020.

 

Artigo 3. Datas de celebración e localización das actividades.

+Concilia marzo desenvolverase nos días laborais comprendidos entre o 25 de marzo e o 1 de abril (ambos incluídos).

As actividades serán no CEIP San Cosme de Barreiros, aínda que de forma puntual e atendendo ao requirimento das actividades programadas farase uso doutros espazos ou instalacións próximas no termo municipal (comunicándoo ás familias coa suficiente antelación e coa ubicación exacta).

 

Artigo 4. Horario.

O horario será de 9:30h. a 13:30 h., nos días laborais do período sinalado anteriormente (25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril).

Para aquelas familias que por motivo exclusivo de conciliación precisen traer aos/ás seus/súas fillos/as antes do comezo do campamento, amplíase o horario de entrada de 9:00 a 9:30, neste tempo as crianzas serán custodiadas e vixiadas pero non terán actividades programadas.

 

Artigo 5. Prazas ofertadas.

Ofértase un total de 35 prazas.

Aínda que queden prazas libres non se admitirán novas incorporacións á actividade unha vez iniciada a mesma.

 

Artigo 6. Taxa.

Esta actividade está libre de taxas, sendo gratuíta.

 

Artigo 7. Perfil e criterios de selección das persoas destinatarias.

7.1. Para a selección dos participantes terase en conta o nivel de renda familiar, as cargas familiares das persoas solicitantes, as mulleres solicitantes vítimas de violencia de xénero en todas as súas manifestacións, as familias monoparentais e monomarentais, a situación laboral dos proxenitores que se atopen a cargo da crianza e o empadroamento do/da participante.

Se na actividade hai máis solicitudes que prazas dispoñibles, establecerase o seguinte baremo paraa selección das persoas destinatarias:

 Empadroado no Concello de Barreiros, a data anterior ao 01 de xaneiro do 2024: 30 puntos

 Algún dos proxenitores da crianza non censada que traballa nunha empresa con sede fiscal no Concello de Barreiros ou crianza que asiste a un CEIP da localidade (CEIP San Cosme de Barreiros ou CEIP San Miguel de Reinante): 10 puntos

 Traballan os dous/dúas proxenitores/ras ou titores/as legais: 9 puntos.

 Traballa un/unha só/soa dos/das proxenitores/ras ou titores legais: 8 puntos.

 Familias monomarentais e monoparentais: 7 puntos

 Nai ou titora legal solicitante vítima de violencia de xénero: 6 puntos

 Nivel de renda, atendendo aos seguintes rangos. Máximo 5 puntos.

 Renda anual neta per cápita igual ou inferior a 7.000. 5 puntos

 Renda anual neta per cápita 7.000,01 a 8.000 €. 4 puntos

 Renda anual neta per cápita 8.000,01 a 9.000 €. 3 puntos

 Renda anual neta per cápita superior a 9.000€. 2 puntos

 Familias con título de familia numerosa: 1 punto

 

Nos casos de empates, estes resolveranse por orde de rexistro de entrada da solicitude.

 

7.2. Para os efectos de baremación, a renda familiar anual neta per cápita obterase da agregación das rendas do ano 2022, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas así:

- Primeiro: sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, excluíndose os saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais correspondentes aos exercicios anteriores.

- Segundo: deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

- Terceiro: o importe obtido dividirase entre o número de membros que compoñen a unidade familiar.

Este cálculo efectuarase coa seguinte fórmula: casilla 435 + casilla 460 – casilla 595. O total desta operación, será dividido polo número de membros da unidade familiar.

 

Artigo 8. Presentación de documentación.

As persoas interesadas deberán achegar a solicitude de admisión, que será a declaración responsable sobre a documentación e situacións familiares tidas en conta no baremo (Anexo I). Non se admitirá ningunha solicitude presentada nun modelo diferente ao oficial facilitado pola entidade organizadora (Concello de Barreiros).

A información que non estea cuberta na propia solicitude non se terá en conta para o baremo, valorándose ese aspecto con 0 puntos.

O Concello de Barreiros poderá requirir aleatoriamente a documentación acreditativa manifestada na declaración responsable coa finalidade de comprobar os datos, así mesmo poderá facer as comprobacións oportunas no caso de presentar alegacións e/ou reclamacións por parte doutra ou outras unidades familiares.

No caso de detectarse algunha falsidade na declaración presentada, a crianza quedará automaticamente excluída das actividades +Concilia Marzo organizadas polo Concello de Barreiros.

 

Artigo 9. Trámites e prazos.

Todos os trámites realizaranse nas oficinas municipais, de 9:30 h. a 14:00 h., ou a través da sede electrónica do Concello de Barreiros ata ás 14:00 h. do último día do prazo correspondente. Os prazos son os seguintes:

▪ Solicitude: Dende a publicación destas bases ata o 13 de marzo.

▪ Publicación da lista provisional de admitidos/as en cada quenda: 18 de marzo.

▪ Reclamacións: 19 e 20 de marzo.

▪ Publicación da lista definitiva de admitidos/as: 21 de marzo.

Entenderase a inscrición realizada coa documentación aportada, non será preciso ningún trámite posterior á publicación da lista definitiva.


- Listaxe de admisións +concilia marzo 2024

- Bases reguladoras do programa +Concilia marzo 2024

- Anexo I. Solicitude para o programa +concilia marzo 2024

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE ORGANIZA UNHA VIAXE Á PLANTA DE SOGAMA EN CERCEDA
A ACTUACIÓN DE OS BOLECHAS SERÁ O COLOFÓN DA PROGRAMACIÓN DO NADAL
O CONCELLO ORGANIZA O CONCERTO LYRICAS EN GALICIA O VINDEIRO DOMINGO, 18 DE DECEMBRO
O CONCELLO VEN DE ACONDICIONAR PARA APARCADOIRO O TERREO A CARÓN DO POLIDEPORTIVO DO COLEXIO DE SAN MIGUEL DE REINANTE
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL DE DOUS POSTOS DE TRABALLO PARA O SERVIZO DE AUGAS MUNICIPAL (DEPUEMPREGO)

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 112
  • 113
  • 114
  • 115
  • 116
  • 117
  • 118
  • 119
  • 120
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte