Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Barreiros, 11 de xuño de 2021. O Concello de Barreiros xunto coa AECC Da Mariña organiza o programa “Non te esquezas de ti”.
O programa está enfocado no apoio á persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida. Trata a importancia do coidado en familiares de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades así como a creación dun espazo para compartir experiencias e reflexións para fomentar o autocoidado e poñer ao familiar no centro da atención psicosocial.
A esta primeira xornada acudiron a alcaldesa, Ana Ermida e a concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga que deron a benvida as persoas participantes e agradeceron a AECC Da Mariña a súa colaboración e disposición para levar a cabo este tipo de xornadas tan importantes para o benestar da persoa coidadora.
O programa conta de 3 sesións, unha por semana, e impartirase na Aula CeMIT de Barreiros.