Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Hoxe deu comezo a actividade do IV Campus de Fútbol organizado conxuntamente polo Concello de Barreiros e a Fundación Celta de Vigo e coa colaboración dos equipos de fútbol locais, Celta Barreiros e Iberia que prestan as súas instalacións para o desenvolvemento do mesmo. A súa actividade prolongarase ata o venres 2 de agosto e participarán un total de 60 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.
O concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García, estivo presente esta mañá no campo de fútlbol do Iberia onde sinalou que: “o campus, que estará dirixido por adestradores e monitores do R.C. Celta de Vigo, estase a converter nunha actividade futbolística referente na Mariña na cal temos rapazada de toda a comarca. Un ano máis, volvéronse a esgotar a totalidade das prazas o que confirma a boa acollida que este tipo de actividades están a ter no verán”.