O Campamento Dixital organizado polo Concello de Barreiros en colaboración coa Fundación CiberVoluntarios chegou ao seu fin o pasado venres 16 de agosto, despois de tres semanas de intensa e divertida aprendizaxe. Un total de 13 rapazas e rapaces completaron con éxito esta formación, que tivo lugar na Aula CeMIT de Barreiros.
Nos case 5,3 millóns de euros de orzamento que manexará o Concello de Barreiros, o goberno municipal prevé a adquisición dos terreos para a instalación da EDAR.
No día de onte, 8 de agosto, celebrouse un taller de pilotaxe de drons en Barreiros, no que participaron as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).
Hoxe deu comezo o Campamento dixital organizado polo Concello de Barreiros en colaboración coa Fundación CiberVoluntarios dirixido a rapazas e rapaces de 13 a 17 anos. Este programa, que ten como obxectivo impulsar a inclusión e a transformación dixital, contará coa participación de 15 mozas e mozos.