➤ O acto está inserido no proxecto «Vivir o mar» que promove un modelo de benestar integral entre a poboación infantil e xuvenil do concello de Barreiros con obradoiros educativos nos colexios do municipio.
➤ Candela Martínez foi a protagonista deste segundo e terceiro obradoiro do proxecto «Vivir o mar» tras o realizado polo cociñeiro Javier Montero o pasado luns no colexio San Cosme que se centrou en sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da alimentación saudable.
