Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros fai entrega dunha doazón solidaria á Asociación Saúde Mental A Mariña.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, fixo entrega dos 474€ recadados polo Concello de Barreiros durante a celebración da Carreira e Andaina Solidaria de Reis que tivo lugar o pasado 7 de xaneiro en San Cosme de Barreiros á Asociación Saúde Mental A Mariña.
“Queremos agradecer a humanidade e a inestimable labor que a Asociación Saúde Mental A Mariña está brindando ás persoas con enfermidade mental persistente para lograr a súa rehabilitación, así como ás súas familias. No día hoxe, facemos con moito gusto, a entrega do aporte solidario recadado durante a andaina e a carreira Solidaria de Reis que organizamos desde o Concello de Barreiros.”, sinalou Ana Ermida durante a entrega do cheque á Asociación Saúde mental a Mariña.
Ermida apunta tamén que, “Levamos varios anos colaborando de maneira estreita con esta asociación en varios proxectos e, nesta mañá, aparte de recibir a doazón, a asociación Saúde Mental A Mariña presentounos o proxecto de Mentalización e Sensibilización en Saúde Mental co que, dende o Concello de Barreiros colaboraremos”.
A alcaldesa agradece a boa acollida que están a ter estes eventos solidarios. “Quero dar as grazas ás preto de 300 persoas que se sumaron o pasado 7 de xaneiro no evento solidario e se achegaron a Barreiros para practicar deporte e apoiar unha boa causa.”
Esta proba deportiva está enmarcada no circuíto de carreiras populares que organiza o Concello de Barreiros +KmsBarreiros e que trata de unir deporte, solidariedade e colaboración.
Dende a organización do circuíto, Dani García, concelleiro de dinamización, indica que “a seguinte proba será a Carreira das Praias e terá lugar o vindeiro 29 de marzo”.
Dani García convida a participar nestas probas. “Animo a todo o mundo a vir polo bo ambiente que se vive á vez que, polo só feito de participar, cada atleta sumará puntos para a clasificación final do circuíto +KmsBarreiros. Este ano engadimos unha clasificación por equipos e outra por colexios-institutos para participar de maneira colaborativa e, aínda que a primeira proba xa se disputou, invito a que os e as afeccionadas ao deporte formen os seus grupos e sumen en conxunto”.
“O sistema de puntuación que establecemos é moi amplo xa que quixémoslle dar un enfoque popular para que todo o mundo teña oportunidades premiando a participación polo que repito, a xente está a tempo de formar equipo co seu grupo de amigos/as, clube, etc e participar no circuíto +KmsBarreiros”. Apunta o edil de dinamización e participación veciñal.