Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS PRESENTA O SEU PROGRAMA DE ENTROIDO

Fecha de publicación: 
Jueves, 20 Febrero, 2025 - 16:46

Os eventos darán comezo o día 2 e rematarán o 7 de marzo co Gran Desfile.

O Concello de Barreiros, a través da súa Concellería de Dinamización, presentou este xoves a programación do Entroido Barreiros 2025, unha proposta chea de diversión, participación e tradición na que teñen cabida actividades para todas as idades.

A actividade entroideira dará comezo o domingo 2 de marzo coa Festa Infantil de Entroido que terá lugar no centro sociocultural de San Cosme de 17 a 20 horas. A cativada poderá gozar dunha tarde chea de cor e fantasía con animación musical, xogos, baile e agasallos para as persoas que acudan disfrazadas. O espazo contará  unha decoración especial elaborada polo obradoiro de emprego.

O mércores 5 de marzo, o Concello de Barreiros organiza un Obradoiro infantil de Disfraces como medida de conciliación familiar neses días non lectivos. Para participar no obradoiro, que terá lugar no centro sociocultural de 10 a 13 horas, será preciso formalizar inscrición previamente nas oficinas xerais do Concello de Barreiros xa que a actividade está limitada a 40 prazas que se adxudicarán por orde de rexistro dando prioridade ás crianzas empadroadas no concello. As nenas e nenos participantes artellarán disfraces dando renda solta á súa creatividade utilizando diferentes técnicas e materiais.

Como colofón á programación deste entroido, o venres 7 de marzo, terá lugar o Gran Desfile de Entroido que repartirá 1.000 euros en premios. O percorrido contará con reforzo de iluminación e puntos de exhibición sinalados para que o público poida gozar de todo o esplendor do desfile. O Concello manterá o formato áxil do ano pasado que tivo moi boa aceptación. Saída ás 21 horas desde a Praza do Concello, desfile pola N-634, baixada pola estrada da praia (teleclub) e remate a carón do centro sociocultural.

Ao remate do desfile, haberá festa con Even-Tec e postos de comida situados na Praza do Concello.

O concelleiro de dinamización, Dani García, destacou o traballo que hai detrás desta programación e a aposta do Concello por manter vivo o Entroido en Barreiros: “Quixemos deseñar unha programación para todos os públicos. A festa infantil e o obradoiro de disfraces están pensando para as familias , mentres que o Gran Desfile consolidouse como unha cita imprescindible no noso calendario festivo”.

Ademais, García puxo en valor a implicación das comparsas locais na organización do desfile: “Queremos destacar o apoio e implicación das comparsas locais Habelas Hainas e Macanudos, que colaboran activamente na organización do desfile e contribúen a que esta festa sexa cada ano máis especial”.

Toda a información, así como as follas de inscrición, bases e demais documentación estará dispoñibles na web municipal www.concellodebarreiros.gal a partir do venres 21 de febreiro.

 

Categorías:

  • Eventos
Otras noticias: 
O ALUMNDO DO CEIP DE SAN MIGUEL DE REINANTE VISITOU A ETAP DA BARRANCA
BANDO SOBRE NORMAS PARA AS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2025
VOLVE O PROGRAMA CULTURAL “A VOLTAS COS CONTOS” DO CONCELLO DE BARREIROS
GAÑADORAS E GAÑADORES DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO LETRAS GALEGAS 2025 - FASE LOCAL
ADXUDICADAS AS OBRAS DA CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE SAN COSME CUN PRAZO DE EXECUCIÓN DE 4 MESES

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte