Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS ORGANIZA UN PROGRAMA DE ESTIMULACIÓN DA MEMORIA EN PERSOAS MAIORES

Fecha de publicación: 
Martes, 7 Septiembre, 2021 - 13:52

O Concello de Barreiros, desde a área de Educación Familiar e en colaboración coa Concellería de Participación e Dinamización Veciñal organiza o programa “Barreiros ActivaMente”. Un programa que atende ás necesidades das persoas maiores para manter unha mente activa, estimulada e entretida.

Como novidade, e adaptándose ás restricións sanitarias derivadas da Covid-19, o programa levarase a cabo en 4 lugares (onde máis inscritos/as figuren) entre as 7 localizacións ofertadas: San Cosme, San Miguel, Celeiro, Vilamar, San Xusto, Cabarcos e A Rilleira.

O programa está enfocado para persoas maiores de 65 anos, xubilados maiores de 60 anos e persoas con discapacidade que se consideren idóneas para participar nas actividades que serán dunha hora semanal de outubro a maio.

Como inscribirse?

As persoas interesadas poden pre-inscribirse nas oficinas xerais do Concello de Barreiros de maneira presencial ou ben por correo electrónico na dirección educadora@concellodebarreiros.gal antes do 21 de setembro. Unha vez definidos os 4 lugares maioritariamente escollidos, o Concello poñerase en contacto coas persoas interesadas en participar para confirmar os locais, horarios definitivos e formalizar a inscrición que terá unha taxa municipal de 10€/ano.

Desde a área de Educación Familiar salientan a importancia destes talleres de aprendizaxe e lecer para favorecer o proceso de envellecemento activo traballando a memoria, a atención, a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do concello.

Má is información e ficha de pre-inscrición

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ DE NOVO O CAMPUS FUNDACIÓN CELTA DE VIGO ESTE VERÁN
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023
BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO
O CONCELLO DE BARREIROS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLAR COMO SOCORRISTA NAS PRAIAS BARREIRENSES ESTE VERÁN
EN LICITACIÓN NOVOS ARRANXOS DE CAMIÑOS EN BARREIROS POR IMPORTE DE MÁIS DE 280.000 EUROS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte