Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Levaranse a cabo actuacións en 10kms de vías municipais que chegarán a todas as parroquias e suman máis de 430.000 euros de investimento.
O Concello de Barreiros dá inicio aos traballos de mellora na rede viaria municipal para este 2024. Segundo a planificación elaborada polo goberno municipal, investirase un total de 433.139,71 euros en arranxar preto de 10 quilómetros de vías municipais; das que un terzo das mesmas serán tratadas con aglomerado en quente.
“Trátanse de actuacións planificadas para ir mallando os distintos núcleos de poboación e as estradas de comunicación entre eles, escollendo os distintos tratamentos en función das características da vía e do uso da mesma”, explica a alcaldesa, Ana Ermida.
As actuación enmárcanse en tres plans diferentes, polo que as execucións dos mesmos non serán no mesmo momento. “Así agora mesmo xa se comezaron os traballos de preparación dos viais correspondentes ao Plan de Rehabilitación de camiños de zonas de Concentración, que comprenden camiños en Benquerencia, Vilamartín Grande e San Xusto”, informou Antonio Veiga, concelleiro de obras.
As obras relativas ao Plan Marco de AGADER e ao Plan Único da Deputación están iniciando os procesos administrativos de contratación, polo que a execución das mesmas estenderase durante o ano.
Segundo explican desde o goberno local, “unha vez finalizadas estas obras, durante o 2024, terase actuado nun total de 24 viarios municipais nos que, ademais de mellorar a capa de rodadura, nalgúns casos levarán traballos complementarios como gabias, cunetas formigonadas e sumidoiros. En todos eles contémplase tamén a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e evitar que deterioren o pavimento.”
Os viais sobre os que se realizarán actuacións son os seguintes:
- ACCESOS A PICOTA (BENQUERENCIA)
- ACCESOS AS BRAÑAS (BENQUERENCIA)
- AS CAMBAS (VILAMARTÍN GRANDE)
- LU-133 – LADRIDO (SAN XUSTO)
- ACCESO AOS DEPÓSITOS (VILAMARTÍN GRANDE)
- ACCESO A NOVÁS (SAN XUSTO)
- ACCESO CALZADA-IGREXA (SAN XUSTO)
- ACCESO CARBALLO BLANCO-MASMA (CELEIRO)
- ACCESO ESCOLAS CELEIRO DE MARIÑAOS (CELEIRO)
- ACCESO A O CABO - (CABARCOS)
- ACCESO EN O COUTO - (CABARCOS)
- ACCESO EN O COUTO-2 – (CABARCOS)
- ACCESO A PEDREIRA – (CABARCOS)
- ACCESO VAL DO CAÍNZO-IBIA – (SAN XUSTO)
- ACCESO VAL DO CAÍNZO – (SAN XUSTO)
- ACCESO A PUMARÍN – (SAN MIGUEL)
- ACCESO A CASALDEITE – (SAN MIGUEL)
- ACCESO OS PEDREGÁS – (BENQUERENCIA)
- ACCESO A CARBALLO BLANCO-2 – (CELEIRO)
- DRENAXE ACCESO REINANTE – (REINANTE)
- ACCESO TALLER- CABANA DA VELLA – (VILAMARTÍN PEQUENO)
- ACCESO A REGUEIRA – (SAN XUSTO)
- ACCESO A ALDEA – (SAN XUSTO)
- ACCESO EN VILAR – (SAN COSME)