Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
No día de onte recibiu a comunicación por parte do Goberno do Estado para emitir informe no prazo de 30 días hábiles.
Barreiros, 3 de setembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de recibir a comunicación por parte da área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Galicia tramitación do procedemento de avaliación de impacto ambiental ordinaria e do procedemento substantivo aplicable do proxecto do parque eólico Borrasca de 84 MWp e a súa infraestrutura de evacuación, que afecta parcialmente a Barreiros.
Neste momento, o Concello está a analizar tecnicamente o proxecto e a emisión de informes ao respecto, así como informándose sobre o mesmo, para proceder no prazo estipulado a realizar as actuacións máis oportunas.
Dado a complexidade deste tipo de proxectos, o Concello anunciou un estudo pormenorizado do que se trasladará información pública ao respecto no momento en que se teña a mesma e co obxectivo de dar a coñecer o mesmo.
O prazo para a emisión do informe rematará o 18 de outubro.
Enlace para ver o proxecto das instalacións e o estudo de impacto ambiental. https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/712bb3a0102dbc08e0ed1773dc700158634e1ab5