Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS E RIBADEO ALEGAN FRONTE AO PARQUE EÓLICO FONTE BARREIROS

Fecha de publicación: 
Jueves, 30 Diciembre, 2021 - 13:59

Os Concellos manifestan a indefensión da veciñanza e administración local fronte á falta de planificación e á complexidade dos proxectos.

Os Concellos de Barreiros e Ribadeo veñen de asinar no día de hoxe as alegacións municipais ao proxecto do parque eólico Fonte Barreiros, poñendo de manifesto a falta de capacidade dos propios consistorios nunha proxección eólica que emana doutras administracións.

Tanto a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, coma o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, solicitan a paralización da tramitación do parque eólico a espera dunha coordinación da planificación existente; xa que, aseguran “a voracidade de empresas promotoras de proxectos eólicos supera a capacidade técnica e administrativa municipal e vémonos envoltos nun procedemento no que somos unha mínima parte con moi escasa capacidade de decisión.”

Os representantes municipais advirten da necesidade de coordinación entre as Administracións e dunha planificación que reverta nos propios municipios, lonxe de proxectos puramente mercantís como os que se están a tramitar antes as administracións autonómica e estatal.

Neste sentido, sinalan que é preciso un estudo completo de todos os proxectos que existan en Galicia, xa que do contrario non se poderá avaliar correctamente o seu impacto no territorio e nas veciñas e veciños; xa que o feito de que a tramitación se realice a nivel galego ou estatal non garante a día de hoxe a menor incidencia dos proxectos.

Suárez e Ermida sinalan que ademais deste proxecto de tramitación estatal, existen outros proxectos que se tramitan na Comunidade Autónoma  que poden supoñer un maior impacto, polo que chaman a manter a atención sobre as informacións oficiais que poidan aparecer; xa que polo momento non están en fase de exposición ao estar pendentes da rede de evacuación, tal e como se pode consultar no Rexistro Eólico de Galicia.

 VER O INFORME TÉCNICO DE BARREIROS

 VER AS ALEGACIÓNS DO CONCELLO DE BARREIROS

 

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
BARREIROS ACOLLERÁ DE NOVO O CAMPUS FUNDACIÓN CELTA DE VIGO ESTE VERÁN
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023
BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO
O CONCELLO DE BARREIROS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLAR COMO SOCORRISTA NAS PRAIAS BARREIRENSES ESTE VERÁN
EN LICITACIÓN NOVOS ARRANXOS DE CAMIÑOS EN BARREIROS POR IMPORTE DE MÁIS DE 280.000 EUROS

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte