Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS COMEZARÁ A FINAIS DO VERÁN A EXECUCIÓN DE OBRAS POR UN IMPORTE DE MÁIS DE 236.000 EUROS

Fecha de publicación: 
Martes, 27 Julio, 2021 - 13:34

Entre as adxudicacións aprobadas na última xunta de goberno, están o abastecemento de auga potable en Remior, unha pista multideporte en San Cosme, unha área pública en Vilamartín Pequeño e varias vías municipais en San Xusto, Benquerencia, San Miguel e San Cosme.

Barreiros, 27 de xullo de 2021. A Xunta de Goberno de Barreiros vén de aprobar varias adxudicacións que comezarán a executarse de cara a finais do verán, para estar finalizadas antes de finais de ano.

O importe das obras a realizar nos vindeiros meses supón un total de 236.739,27 euros, dos que preto de 160.000 se corresponden coa renovación da rede de abastecemento de auga potable que baixa a Remior e na que se leva anos sufrindo roturas que supoñen un alto custo en arranxos, ademais da importancia nos cortes que se producen e que afectan a unha zona moi ampla, na que ademais, hai varias gandeirías. Esta obra acométese ao abeiro dun convenio entre o Concello de Barreiros e a área de medio rural da Deputación de Lugo.

Adecentamento de espazos para uso veciñal.

Xunto coa renovación deste abastecemento, o goberno local aprobou a adxudicación da instalación dunha pista multideporte a carón do colexio de San Cosme, nunha zona na que se proxecta dotar de diversas zonas de ocio e esparexemento para a mocidade.

A alcaldesa explica que “esta actuación insírese nunha serie de intervencións que o goberno municipal ten proxectadas para lograr espazos de uso público nas diferentes parroquias que se adapten ás distintas idades e usos.” Neste sentido, tamén veñen de adxudicar a mellora dunha área a carón das escolas de Vilamartín Pequeno, dotándoa de mobiliario e adecentándoa para uso veciñal.  Estas dúas actuacións desenvólvense con finanzamento da Xunta de Galicia.

Mellora de vías municipais.

A última das adxudicacións aprobadas foi a mellora de varias vías municipais en San Xusto, Vilar, Benquerencia e Sarxendez. Trátase de actuacións realizadas coas baixas obtidas na adxudicación do Plan Único do 2021 e suporá o arranxo de preto de 1,5kms distribuídos en sete viais que se atopan en mal estado.

Estas vías súmanse aos preto de 8km que forman o principal do Plan Único e que tamén se executarán despois do verán. O total investido no arranxo de camiños con abeiro ao plan provincial neste ano 2021 ascende a 174.852,65 euros.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
REFORMAS NA RUTA DE SENDEIRISMO “LAGOA DE PALLARES”
SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL INDEFINIDO MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN DUN/HA TRABALLADOR/A SOCIAL A MEDIA XORNADA
PRESENTACIÓN DA CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS QUE TERÁ LUGAR EN BARREIROS ESTE DOMINGO DíA 17
INFORMACIÓN “RUTA GEOLÓGICA LITORAL DE BARREIROS”
BAILE INFANTIL. NOVA ACTIVIDADE NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS

Páginas

  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte