Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
O Concello de Barreiros organiza para este domingo, 18 de maio, unha nova edición do Mercadiño na Primavera que terá lugar na Praza do Concello e contará cun programa cheo de actividades e propostas que inclúen música en directo, obradoiros, degustacións e actividades infantís.
O mercadiño desenvolverase entre as 11h. e as 20h. e contará cunha ampla variedade de postos nos que se poderán mercar produtos locais, de proximidade, artesáns e outras variedades pensadas para todos os gustos.
PROGRAMA:
Durante toda a xornada estará dispoñible un posto de libros solidarios dentro da carpa e no cal se poderán adquirir exemplares por 2 euros. A recadación íntegra será a favor da asociación local APNED.
Desde o Concello de Barreiros agradecen a colaboración da área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cuxa implicación permite desenvolver iniciativas que impulsan o consumo responsable, poñen en valor os produtos de proximidade e dinamizan social e economicamente o municipio.