Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
    • Subvenciones recibidas
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS ASPIRA A XESTIONAR 700.000 EUROS EN INVESTIMENTOS CON SUBVENCIÓNS TRAMITADAS ANTE A XUNTA DE GALICIA

Fecha de publicación: 
Jueves, 27 Marzo, 2025 - 08:41

Melloras no parque empresarial, a rehabilitación das escolas de Vilamartín Pequeno, a renovación de alumeado no paseo marítimo ou a mellora da zona e do parque infantil nos Martices en San Miguel, son algúns dos proxectos que o Concello prevé nas distintas convocatorias de axuda.

O Concello tramitou 11 expedientes de solicitudes de subvencións para investimentos, ademais doutros 8 para gastos correntes e persoal, para lograr fondos da administración galega.

O Concello de Barreiros está á espera da resolución de 11 solicitudes de axudas realizadas á Xunta de Galicia para determinar parte dos investimentos que realizará neste ano. Durante estes tres meses, explica a alcaldesa, Ana Ermida, “preparamos e tramitamos máis dunha ducia de expedientes para conseguir financiación para poder realizar investimentos tan importantes como melloras no parque empresarial, o alumeado do paseo marítimo, a mellora da zona de parque e aparcamento nos Martices ou as escolas de Vilamartín Pequeno”

Ademais destes investimentos, solicitados ao abeiro de convocatorias destinadas a parques empresariais, prevención de riscos ante o cambio climático, mellora de infraestruturas ou corrección de impactos paisaxísticos, tamén prevén mellorar a eficiencia enerxética do Centro Social de San Cosme, mediante o illamento e o cambio de luminarias; a adquisición de maquinaria para a limpeza viaria e espazos públicos, composteiros domésticos e contenedores para o punto limpo municipal e puntos limpos de proximidade fixos para colocar en núcleos de poboación.

Igualmente, solicitaron a mellora de varias vías de titularidade municipal en Benquerencia, Vilamartín Grande e Cabarcos; tanto individualmente, como xunto ao Concello de Trabada.

A totalidade dos investimentos previstos suma 676.532,01 euros, dos cales aspiran a obter 530.965,72 euros subvencionados; aportando os 145.566,29€ de diferencia con fondos propios municipais.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “para poder financiar determinados investimentos temos que concorrer a diversas liñas de axuda que, en moitos casos, se resolven por orde de chegada e sen aplicación de criterios que valoren as necesidades municipais específicas. Deste xeito, o traballo administrativo para obter financiación é inxente e ocupa grande parte dos esforzos municipais; quedando ademais sempre pendentes da resolución final das axudas para saber se é posible realizar os investimentos ou non.”

Neste sentido, a rexedora insiste na “necesidade de que a Xunta de Galicia dote aos Concellos de mecanismos de financiación obxectivos e que se coñezan  con anterioridade e que permitan aos Concellos organizar os seus investimentos de xeito autónomo e atendendo ás prioridades e necesidades de cada municipio.”

Expedientes para funcionamento e contratación de persoal

Ademais das solicitudes de axuda para investimentos, o Concello de Barreiros tamén solicitou ata 8 subvencións, por un importe de máis de 188.000 euros para contratación de persoal e funcionamento de servizos.

Nestas liñas de axuda, inclúese o persoal de prevención e extinción de incendios, socorrismo e vixilancia nas praias ou peóns medioambientais.

En canto aos servizos nos que o Concello de Barreiros opta a financiación da Xunta están o servizo de biblioteca, actividades culturais ou campamentos de verán.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
CAMPAMENTOS DE CONCILIACIÓN PARA ESTA SEMANA SANTA
BARREIROS INAUGUROU ESTA MAÑÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
BARREIROS ACOLLERÁ A EXPOSICIÓN “FAUNA ESENCIAL”
UN CONVENIO ENTRE INSERTA EMPLEO E O CONCELLO DE BARREIROS FORMARÁ PERSOAS CON DISCAPACIDADE SEN SAÍR DO MUNICIPIO
BARREIROS PROGRAMA ACTIVIDADES DE CARA AO 8M

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies
Accesibilidad


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos
  • Subvenciones recibidas

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte