Pasar al contenido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.gal

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Ayuntamiento
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Tablón de anuncios
    • Noticias
    • Agenda
    • Igualdad
    • ODS Agenda 2030
    • Plenos
  • Servicios
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aula Mentor
    • Biblioteca
    • Buzón de sugerencias
    • Carpeta de documentos
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Empleo
    • Escuela Infantil Municipal
    • Información catastral
    • Juzgado de Paz
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpio
    • Registro
    • Registro Civil
    • Servicios sociales
    • Urbanismo
  • Municipio
    • Introducción
    • Historia
    • Parroquias
    • Teléfonos de interés
    • Movilidad y transporte
  • Turismo
  • Contacto

BARREIROS APROBARÁ O PRIMEIRO PLAN DE IGUALDADE PARA O PERSOAL MUNICIPAL DA PROVINCIA DE LUGO

Fecha de publicación: 
Domingo, 20 Febrero, 2022 - 09:29

O Concello de Barreiros levará ao pleno de mañá luns o documento que vén de aprobar na Comisión Negociadora de Igualdade co título “+ Igualdade: I Plan de Igualdade de Xénero para o cadro de persoal”

Barreiros, 20 de febreiro de 2022. O Concello de Barreiros vén de dar luz verde na Comisión Negociadora de Igualdade ao documento “+ Igualdade: I Plan de Igualdade de Xénero para o cadro de persoal”, converténdose no primeiro municipio da provincia de Lugo que conta con un documento deste tipo a nivel interno, para o propio persoal municipal.

Con esta aprobación, que deberá ser ratificada no pleno que se celebrará mañá luns, Barreiros dará cumprimento á obriga legal establecida pola normativa estatal e galega, dentro do prazo establecido pola mesma; converténdose así na primeira administración local da provincia de Lugo en cumprir con tal requisito.

A concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, explica que “esta iniciativa non responde só ao cumprimento dunha obriga legal, senón ao compromiso deste goberno municipal de dotar a Barreiros de políticas de igualdade. E, para iso – insiste- debemos ser exemplares e amosar que facemos realidade ese compromiso empezando pola propia casa.”

Este fito comprende o primeiro paso para traballar na dimensión interna da política local, incorporando a perspectiva de xénero na cultura organizativa e laboral do Concello. Deste xeito o Concello de Barreiros comprométese a implementar unha serie de medidas nos vindeiros catro anos co obxectivo de garantir un Concello libre de discriminacións, desigualdades por razón de sexo e de violencia de xénero.

Resultado dun procedemento participativo de goberno e representantes de persoal.

A elaboración de dito plan iniciouse no mes de xullo de 2021, prolongándose durante varios meses para dar seguimento de todos os pasos legais que marca a normativa vixente en igualdade a nivel estatal e laboral. A finais do ano 2021 constituíuse a Comisión Negociadora de Igualdade, contando con representación legal do persoal laboral, do funcionariado e do Concello.

Tras a elaboración dun informe diagnóstico previo, que consistiu nunha revisión da xestión dos recursos humanos (a selección, o acceso, a promoción, a política salarial, a formación, as condicións laborais, a saúde laboral, a prevención do acoso sexual ou por razón de sexo, a ordenación do tempo traballado, a conciliación ou a corresponsabilidade), artellouse o documento no que se definen as medidas que tratan de eliminar calquera discriminación por sexo que se poida estar reproducindo no Concello.

O Plan ten unha vixencia de catro anos e abrangue a totalidade do cadro de persoal e todas as áreas do Concello. O documento foi elaborado de maneira consensuada, recolléndose opinións de todo o cadro de persoal mediante un cuestionario e entrevistas; negociando e validando todo o proceso no marco da comisión Negociadora, onde se conta ademais coa representación de CC.OO, UGT e CIG.

Categorías:

  • Ayuntamiento
Otras noticias: 
CAMPAMENTO DE VERÁN 2023
BARREIROS PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DE MAIO XUÑO E XULLO
O CONCELLO DE BARREIROS CREA UNHA BOLSA DE EMPREGO PARA TRABALLAR COMO SOCORRISTA NAS PRAIAS BARREIRENSES ESTE VERÁN
EN LICITACIÓN NOVOS ARRANXOS DE CAMIÑOS EN BARREIROS POR IMPORTE DE MÁIS DE 280.000 EUROS
DE COSME BARREIROS A SALVADOR LOURENZÁ

Páginas

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • …
  • siguiente ›
  • última »

 

Ayuntamiento de Barreiros

Política de Privacidad
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención al público:
Horas: 9:30 a 14:30 horas.
Días: lunes a viernes.

Ayuntamiento

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Tablón de anuncios
  • Noticias
  • Agenda
  • Igualdad
  • ODS Agenda 2030
  • Plenos

Servicios

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aula Mentor
  • Biblioteca
  • Buzón de sugerencias
  • Carpeta de documentos
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Empleo
  • Escuela Infantil Municipal
  • Información catastral
  • Juzgado de Paz
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpio
  • Registro
  • Registro Civil
  • Servicios sociales
  • Urbanismo

Municipio

  • Introducción
  • Historia
  • Parroquias
  • Teléfonos de interés
  • Movilidad y transporte