Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
As formacións son gratuítas e impartiranse na aula CeMIT.
Barreiros, 15 de outubro de 2025. O Concello de Barreiros acollerá tres cursos do programa “É para Dixitalizarse, Lugo”, unha iniciativa da Deputación Provincial de Lugo dirixida a achegar a aprendizaxe dixital á poboación do ámbito rural e favorecer o uso das novas tecnoloxías na vida diaria.
Os cursos, totalmente gratuítos, impartiranse na aula CeMIT de Barreiros os luns, martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas e serán os seguintes:
As persoas interesadas poden reservar praza no teléfono 666 875 946 ou na propia aula CeMIT de Barreiros.
Desde o Concello de Barreiros queremos destacar que esta programación supón unha oportunidade para “seguir avanzando na inclusión tecnolóxica da veciñanza, ofrecendo recursos que faciliten o acceso e o uso das ferramentas dixitais de xeito seguro e útil para o día a día”.
Toda a información do programa está recollida na web: yparadigitalizarselugo.com
