O Concello de Barreiros pon en coñecemento da veciñanza que a Consellería de Política Social e Igualdade, acaba de convocar o programa de “RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS DE PERSOAS CON DEPENDENCIA OU DISCAPACIDADE”.
O vindeiro martes, 10 de xuño, a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará en Barreiros, diante do Concello,de 10:30 a 14:00 horas.
Executarase o cambio de luminarias e a revisión do cadro existente, así como a reforma da rotonda de entrada, a colocación de cartelas de benvida, o pintado viario e renovación da sinalización vertical.
Os Concellos de Barreiros e Trabada acometerán a mellora da vía que conecta os núcleos de Vilamartín Pequeno e Fórnea grazas á consecución dunha subvención conxunta de 35.616,26 euros destinada á mellora de infraestruturas viarias de titularidade municipal.
No acto de recoñecemento, fíxose entrega dun detalle tamén ás dúas persoas que levan 25 anos ininterrumpidos nas labores voluntarias: Ramona Rodríguez Pérez ”Nita” e Agustín Rodríguez Pérez.
Oito concellos participan en Gandia no Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación.
Representantes de Barreiros, Boiro, Cartelle, Cuntis, Lugo, Moaña, As Neves e Nigrán integran a delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O Concello de Barreiros está a organizar unha nova recollida de plásticos agrícolas nas explotacións, para tratar de facilitar a súa xestión ás mesmas, supoñendo un novo servizo que complementará a posibilidade de depositalos no punto limpo municipal coma ata o de agora.
Este domingo, 25 de maio, ás 19:00 h, o Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros acollerá a representación de Profetas, unha coprodución do Centro Dramático Galego e Ítaca Teatro.