O CONCELLO INICIOU OBRAS DE ARRANXO DE VARIAS ESTRADAS EN SAN PEDRO, SAN COSME E VILAMARTÍN GRANDE. O INVESTIMENTO ASCENDE A 120.000 EUROS E O ALCALDE ANUNCIOU UNHA SEGUNDA FASE POR IMPORTE DOUTROS 60.000 EUROS.
O 11 DE FEBREIRO CELÉBRASE EN BARREIROS O FESTIVAL DE ENTROIDO INFANTIL E XUVENIL. HABERÁ BAILE, MÚSICA E DESFILE DE DISFRACES E AGASALLOS PARA TODOS OS PARTICIPANTES.
O 3 DE FEBREIRO TERÁ LUGAR EN BARREIROS A 1ª CEA BAILE DE ENTROIDO. ESTÁ ORGANIZADA POLO CF CELTA E POLAS COMPARSAS OS MACANUDOS E HABELAS HAINAS E COLABORA O CONCELLO.
Alfonso Fuente supervisou as obras de construción da nova depuradora en Celeiro de Mariñaos. O rexedor barreirense agarda “poñela en servizo canto antes”.Alfonso Fuente supervisou as obras de construción da nova depuradora en Celeiro de Mariñaos. O rexedor barreirense agarda “poñela en servizo canto antes”.
O mar levou unha ponte na praia de Remior, ocasionou danos nos aseos de Benquerencia e moveu as escaleiras situadas fronte ao Cámping Gaivota. O alcalde subliña que os danos son cuantiosos e agarda que todo se poida poñer en servizo pensando na semana santa.
O vindeiro luns, 22 de xaneiro, darán comezo os talleres para a terceira idade que organiza o departamento de Servizos Sociais do Concello barreirense. Esta mañá foron presentados.