O departamento de Servizos Sociais do Concello organiza unhas Xornadas Sanitarias sobre o Cancro, que terán lugar os días 6 e 7 de abril.
O venres, día 6, Antía Ben Fernández, que é técnico superior en Dietética e Nutrición pronunciará unha charla sobre Alimentación preventiva contra o cancro. Será ás 18 horas.
O sábado, día 7, Ana Rosa Devesa Fernández, enfermeira supervisora do Hospital de Día Onco-Hematoloxía do HULA, falará sobre Os coidados no fogar coa quimioterapia. Esta charla dará comezo ás 16:30 horas.