Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Alejandro Paz Gam vén de proclamarse gañador absoluto do programa Tech Kids Argallando.gal. Un concurso no que participaron rapazas e rapaces de toda Galicia a través dos obradoiros desenvolvidos na aulas CeMIT da comunidade, entre elas a de Barreiros.
O programa Tech Kids é unha iniciativa da AMTEGA e do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) que se desenvolve durante o verán nas aulas CeMIT e que busca fomentar o talento dixital e a creatividade da mocidade galega mediante proxectos que unen tecnoloxía, innovación e tradición.
Neste caso, o proxecto presentado por Alejandro, foi unha modelaxe 3D inspirada na Catedral de Santiago que destacou polo seu alto nivel técnico, o detalle e a coherencia nas formas. Un deseño que o converteu no gañador global da categoría “Xigante Argalleiro”.
O acto de entrega dos premios celebrouse o 24 de outubro no centro Gaiás Tech da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa presenza de representantes da AMTEGA e do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG).
Desde o Concello de Barreiros queremos felicitalo polo seu talento e dedicación, así como poñer en valor o traballo da aula CeMIT de Barreiros, que segue a impulsar a aprendizaxe tecnolóxica e a innovación entre a nosa mocidade.
Noraboa Alejandro!!