Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos, levarase a cabo do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT de Barreiros.
30 horas de formación gratuíta para adolescentes, sobre buscar e filtrar información, benestar dixital, privacidade, crear contido, procura de emprego, entre outros.
O Concello de Barreiros ofrece un Campamento Dixital, do 22 de xullo ao 9 de agosto na aula CeMIT de Barreiros para a mocidade de 13 a 17 anos. Un campamento gratuíto de 30 horas en competencias dixitais, con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados.
Campamento Dixital é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea- Next Generation EU.
Aprenderán a buscar información valiosa na internet, hábitos saudables, pensamento crítico para identificar noticias falsas, profesións emerxentes, así como competencias dixitais para a procura de emprego, entre outros.
No Campamento Dixital deberán ir completando etapas e misións para acadar logros. E así, en cada aventura irán adquirindo novas competencias dixitais para utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, segura e responsable.
Ao finalizar, as e os participantes recibirán un certificado DigComp que lles acredita os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das Tecnoloxías da Información e as comunicacións dentro do marco europeo.
O Campamento Dixital levarase a cabo na aula CeMIT de Barreiros do 22 de xullo ao 9 de agosto en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse na propia aula CeMIT os martes e xoves de 9:30 a 14:30 horas ou os resto de días na Casa do Concello no mesmo horario ata o 8 de xullo.