Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
ANUNCIO
A Consellería de Política Social e Xuventude volve a poñer en marcha o programa de Benestar en Balnearios. Unha experiencia de lecer e saúde destinada ás persoas maiores.
Poderán participar no programa as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:
Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema de Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
O prazo para presentar as solicitudes remata o 18 de outubro de 2023.
Para máis información, así como para tramitación de solicitudes, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Barreiros (horario: de 10 h. a 14 h.)