Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
A aula CeMIT de Barreiros volve converterse nestas datas nun espazo cheo de ilusión grazas ás conexións en directo con Laponia, que permiten que as crianzas do municipio poidan falar con Papá Noel e transmitirlle persoalmente os seus desexos para este Nadal.

Hoxe, foi o alumnado do CEIP de San Cosme quen visitou a aula para participar nesta actividade tan especial. O vindeiro mércores 17 será a quenda das nenas e nenos do CEIP de San Miguel de Reinante, que tamén poderán vivir esta experiencia máxica a través das novas tecnoloxías.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, puxo en valor a iniciativa afirmando que “ofrecer unha experiencia así permite unir maxia e aprendizaxe, demostrando que a tecnoloxía tamén é unha ferramenta para fomentar ilusión, creatividade e momentos que as crianzas lembrarán para sempre”.
Desde o Concello de Barreiros agradécese a implicación dos centros educativos do municipio por facilitar que o alumnado participe nesta actividade que, un ano máis, utiliza as TIC como ponte para achegar a maxia do Nadal a todas as nenas e nenos.