Teléfono: 982124002
E-mail: info@concellodebarreiros.gal
Barreiros, 14 de setembro de 2022. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña desprazouse hoxe a Barreiros para recoller sinaturas na defensa da atención primaria. Ata alí acudiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que lles trasladou o apoio do Concello de Barreiros e as necesidades existentes no centro de saúde deste municipio.
Nos últimos días, o centro de saúde de Barreiros atópase cunha única facultativa para a atención de toda a poboación. Por esta razón, a alcaldesa xa se dirixiu a finais da semana pasada ao conselleiro de sanidade para trasladarlle a situación e solicitarlle unha solución ao déficit de recursos no centro de saúde barreirense; xa que a situación non só afecta á poboación que precise atención sanitaria, senón que está afectando e retrasando outro tipo de atencións sociais que, en moitos casos, son urxentes e imprescindibles; como tramitacións de servizos sociais.